Outeiro de Rei presenta as actividades deste ano seguidas dun magosto
TerraChaXa
O venres día 18 de outubro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 21.
17 Out 2019
O venres día 18 de outubro, terá lugar no salón de actos da Casa da Cultura do Concello de Outeiro de Rei ás 21.00 horas a presentación das actividades de inverno de lecer, cultura, deporte e da Oficina de Información Xuvenil para a tempada 2019-2020.
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 21 ata o 31 do mesmo mes ou ata cubrir prazas.
Como remate do acto e ao igual que en anos anteriores, terá lugar un magosto popular acompañado de pinchos variados no pavillón do Colexio Público Laverde Ruiz ao que están convidados todos os veciños e veciñas do municipio.