Outeiro de Rei realiza estes días unha promoción sobre a compostaxe

TerraChaXa | LugoXa
Outeiro de Rei acolleu onte e hoxe nas inmediacións do Concello de Outeiro de Rei unha carpa ao obxecto de dar información sobre compostaxe doméstica e promover o uso destas prácticas de dentro dos hábitos de vida diaria.
promocion compostaxe outeiro de rei
3 May 2024

Outeiro de Rei acolleu onte e hoxe nas inmediacións do Concello de Outeiro de Rei unha carpa ao obxecto de dar información sobre compostaxe doméstica e promover o uso destas prácticas de dentro dos hábitos de vida diaria.

A campaña de compostaxe doméstica promovida polo Concello de Outeiro de Rei está destinada a aquelas persoas que residan nalgunha vivenda unifamiliar do municipio e dispoñan de xardín e/ou horta. A principal característica deste tipo de compostaxe é que se realiza a pequena escala, empregando compostadores de uso individual que se colocan na horta ou xardín de cada casa o que permite xestionar os residuos orgánicos xerados sen necesidade de desprazarse, ademais de obter compost propio dunha forma sinxela e limpa.

A instalación desta carpa foi o punto de partida para o reparto gratuíto de 50 composteiros individuais; xunto ao composteiro fíxose entrega dun aireador de compostaxe, un cubo pequeno previsto para a recollida in situ dos residuos orgánicos e un tríptico informativo. As persoas que desexen un composteiro e aínda non o teñan solicitado no Concello, o poden solicitar eses días na carpa instalada na Praza do Concello e posteriormente, ata esgotar existencias nas oficinas municipais do Concello de Outeiro de Rei.

Os composteiros, un total de 50, serán repartidos por orde de solicitude e levados á vivenda por persoal técnico da empresa concesionaria, que tamén prestará asesoramento individualizado sobre o seu funcionamento.

Como colofón, está previsto tamén o acto oficial de izado da bandeira verde, distinción obtida polo Concello de Outeiro de Rei por terceiro ano consecutivo.

Esta campaña está financiada con fondos europeos Next GenerationEU da Unión Europea, a través da Xunta de Galicia e do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Goberno de España e polo propio Concello de Outeiro de Rei.

0.16401314735413