Pablísimo actúa este sábado en Vilalba co programa dinamizARTJ

Este sábado, 15 de febreiro, o Auditorio Municipal de Vilalba será o escenario dunha cita especial para toda a familia. O artista Pablísimo presentará o seu espectáculo Coabicivai, unha proposta única que combina unha bicicleta, un Kamishibai e tres caixóns máxicos dos que pode saír calquera sorpresa.
A actividade, pensada para o desfrute de grandes e pequenos, comezará ás 19:30 horas. As entradas, completamente gratuítas, xa están dispoñibles na web www.entradasvilalba.es.
Encadrado no programa Dinamiz-ARTj, esta actuación está promovida polo Instituto para a Transición Xusta (ITJ) e a Fundación Cidade da Enerxía (CIUDEN).