Paco Nogueiras actúa este sábado na casa museo de Manuel María

LugoXa | TerraChaXa
Presenta o seu novo traballo, 'Son animal'
actuacion-de-paco-nogueiras-casa-manuel-maria
Cartel do evento
22 Maio 2024

Este sábado, día 25 de maio, ás 17 horas, volta, pola Casa-Museo Manuel María, Paco Nogueiras. E faino para presentar o seu último traballo, o cuarto, tirado este mes de maio, que leva por título Son animal. Un libro-dc editado por Kalandraka e con ilustracións de Marc Teager.

Doce cancións que teñen como protagonistas a animais domésticos como o can, o gato, a vaca, a galiña, o porco, o burro... e outros silvestres como a ra ou o grilo. «Con cola, con pelos, con plumas. Con catro patas, con dúas ou ningunha!...» Paco Nogueiras convida, novamente, a cantar e bailar, e tamén a miañar, ornear, cacarexar...

O concerto vai dirixido para nenas e nenos entre os 3 e os 9 anos. Para asistir é necesario facer reserva (billete 2 euros) en contacto@casamuseomanuelmaria.gal ou no whatsapp 698177621.

0.18095421791077