Pan sen Fron actúa este venres en Friol

TerraChaXa
Friol continúa coa súa programación musical para a fin de semana do verán coa actuación de Pan Sen Fron. Será este venres 23 de xullo.
pan sen fron concerto friol portada
pan sen fron concerto friol portada
21 Xul 2022

Friol continúa coa súa programación musical para a fin de semana do verán coa actuación de Pan Sen Fron.

Será este sábado 23 de xullo, ás 19.00 horas no parque Rosalía de Castro.

Pandeireteiras sen fronteiras (@pansenfron en instagram e facebook) é un coro ou grupo de música tradicional galega formado por 20 persoas no ano 2012 na Coruña. O propio nome do coro xa explica esa volta de torca que lle están facendo á tradición desde a contemporaneidade. Ofrecen unha reinvención da tradición máis clásica con ese toque “rural contemporánea” que tanto gusta.

0.19204807281494