Pastoriza acolle o próximo domingo a súa terceira carreira popular

O concello de Pastoriza, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios de Pastoriza, organizan a terceira edición da carreira popular e andaina da localidade, en homenaxe a José Yáñez García.
Terá lugar o domingo 12 de xullo, en horario de mañá na praza do Concello. Comezarán os máis pequenos ás 11.15 horas, que estarán divididos en tres grupos. Media hora máis tarde será a andaina, de 4,5 quilómetros. Ás 12.00 horas será a quenda dos adultos, que percorrerán 7 quilómetros.
A programación da xornada completarase con animación musical durante toda a xornada e finalizará con pinchos gratis para todos os asistentes.
As persoas que desexen participar deberán anotarse a través de CCnorte antes do luns. O prezo será de 7 euros para os da absoluta e o resto e a andaina serán de balde.
Os premios serán para os tres primeiros da absoluta masculina e tres para a feminina en cada unha das categorías. Haberá un agasallo especial para os corredores empadroados no Concello da Pastoriza que quedaran nos tres primeiros postos da carreira absoluta.
Tamén haberá medalla para todos os nenos participantes nas probas infantís e trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías agás os máis pequenos.