Pastoriza acollerá unha exhibición de ximnasia rítmica este martes

TerraChaXa
A exhibición permitirá aos asistentes gozar de diferentes exercicios e coreografías de ximnasia rítmica nun evento pensado para toda a familia e aberto á comunidade educativa e á veciñanza en xeral
exbibicion-ximnasia-ritmica
1 Jun 2026

O Pavillón Municipal de Pastoriza será o escenario dunha exhibición de ximnasia rítmica que terá lugar este martes, 2 de xuño, a partir das 16.30 horas.

A actividade está organizada pola ANPA Bretoña e pola ANPA do CEIP O Salvador, que promoven esta cita deportiva co obxectivo de achegar esta disciplina ao público e poñer en valor o traballo realizado polas participantes ao longo da tempada.

A exhibición permitirá aos asistentes gozar de diferentes exercicios e coreografías de ximnasia rítmica nun evento pensado para toda a familia e aberto á comunidade educativa e á veciñanza en xeral.

A cita desenvolverase nas instalacións do Pavillón Municipal de Pastoriza e converterase nunha oportunidade para apoiar ás novas deportistas e desfrutar dunha tarde dedicada ao deporte e á expresión artística.

0.1180248260498