Pastoriza acollerá unha xornada gratuíta sobre a interpretación e análise de terras e pastos

TerraChaXa
As persoas participantes disporán, ademais, dun xantar gratuíto no Fogar de Maeloc, no Hábitat Cultural
sesion-interpretacion-de-terras
1 Oct 2026

O Sindicato Labrego Galego organiza o vindeiro luns 5 de outubro en Pastoriza unha xornada formativa gratuíta centrada na interpretación e análise de terras e pastos. A actividade está dirixida a persoas traballadoras, autónomas e desempregadas e será impartida polo formador Marcos Besada.

A formación desenvolverase na Casa da Cultura de Pastoriza, en horario de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas. Ao longo da xornada abordaranse cuestións relacionadas coa importancia do coidado dos solos para axustar as doses de fertilización e avanzar cara a un modelo de fertilización máis agroecolóxico.

A actividade incluirá tamén unha saída ao campo pola tarde, que terá como destino a zona de Torre, en Pastoriza, co obxectivo de aplicar sobre o terreo os coñecementos traballados durante a sesión.

As persoas participantes disporán, ademais, dun xantar gratuíto no Fogar de Maeloc, no Hábitat Cultural.

As inscricións poden realizarse a través dos correos electrónicos meira@sindicatolabrego.gal e lugo@sindicatolabrego.gal, ou nos teléfonos 982 331 714 e 982 231 154. A actividade está organizada polo Sindicato Labrego Galego e COAG, e conta co financiamento do 100 por cento do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación (MAPA).

0.15017795562744