Pastoriza celebrará as súas festas patronais desde o venres

TerraChaXa
Estas comezarán o venres 4 cunha liscada popular, seguida dunha actuación de batucada
festas-pastoriza
30 Aug 2026

Pastoriza prepárase para vivir a vindeira fin de semana as súas festas patronais, na honra ao Divino Salvador.

Estas comezarán o venres 4 cunha liscada popular, seguida dunha actuación de batucada e, a partir das 22. 00 horas, terá lugar un gran verbena a cargo de Dj Bily.

O sábado arrancarán os actos ás 13.30 horas coa misa e a procesión, á que seguirá a consabida sesión vermú, que estará a cargo da orquestra Compostela, que repetirá na verbena xunto a Atenas.

As festas chegarán aso seu final o domingo 6, cos tradicionais oficios relixiosos, ás 12.00 horas e ás 13. 00 horas, a Banda Municipal de Meira dará un concerto. As festividades rematarán cunha sesión vermú na que actuará o dúo Belinda.

0.14254593849182