Pastoriza celebrará o Día das Letras Galegas cunha xornada cultural en Reigosa

TerraChaXa
As actividades comezarán ás 17.00 horas coa representación de 'Estremonías da silva', un espectáculo de narración oral para todos os públicos a cargo de Lila Teatro
letras-galegas-reigosa
16 May 2026

A Casa Sociocultural de Reigosa, no concello da A Pastoriza, acollerá o próximo 17 de maio unha programación especial con motivo do Día das Letras Galegas 2026, cunha tarde dedicada á música tradicional, a narración oral e a convivencia veciñal.

As actividades comezarán ás 17.00 horas coa representación de Estremonías da silva, un espectáculo de narración oral para todos os públicos a cargo de Lila Teatro. A proposta combina literatura oral, natureza e tradición nun formato pensado para público familiar.

A xornada contará tamén coa actuación do grupo de música tradicional Son de Lugh, que participará nesta celebración cultural organizada arredor das Letras Galegas.

Ademais, as persoas asistentes poderán compartir unha merenda popular ao remate das actividades, nun encontro que busca fomentar a participación veciñal e poñer en valor a lingua e a cultura galega.

O evento desenvolverase no edificio Mariña Folgueira de Reigosa e conta coa colaboración do Concello da Pastoriza e da área de Cultura da Deputación de Lugo.

0.11850714683533