Pastoriza habilita unha pantalla xigante para seguir esta noite o partido de fútbol España-Portugal

TerraChaXa
Ademais, haberá servizo de bar para acompañar a retransmisión
partido-de-futbol-espana-portugal
6 Jul 2026

O Concello de Pastoriza, en colaboración coa UD Pastoricense e coa Asociación Cultural Deportivo Miño Vivo, ofrecerá esta noite a retransmisión en directo do encontro entre as seleccións de España e Portugal nunha pantalla xigante instalada xunto ao Pavillón Municipal.

A cita deportiva dará comezo ás 21.00 horas e está aberta a todos os públicos, co obxectivo de que veciños e visitantes poidan compartir o ambiente do partido nun espazo común e ao aire libre.

Desde a organización animan aos asistentes a acudir equipados coas cores e símbolos da selección á que apoien para contribuír a crear un ambiente festivo durante o encontro. Ademais, haberá servizo de bar para acompañar a retransmisión.

A iniciativa busca converter o partido nun punto de encontro para a veciñanza, favorecendo a convivencia e o seguimento colectivo dun dos duelos futbolísticos máis atractivos do calendario internacional.

0.12208199501038