Pastoriza pon en marcha o seu curso de Memoria activa

TerraChaXa
As sesións impartiranse en diferentes puntos e parroquias da localidade para facilitar a asistencia de todos os interesados
memoria-recurso
24 Oct 2026

O Concello de Pastoriza anunciou a apertura do novo curso de Memoria Activa, unha iniciativa deseñada para promover o benestar, o exercicio da memoria e a participación activa dos veciños e veciñas máis maiores do municipio. Esta actividade, de carácter totalmente gratuíto, busca fomentar un envellecemento saudable a través de obradoiros dinamicos, xa que manter a mente activa é fundamental para ter unha mellor calidade de vida.

As sesións impartiranse en diferentes puntos e parroquias da localidade para facilitar a asistencia de todos os interesados. Os luns, o obradoiro desenvolverase na Rigueira en horario de 16.00 a 17.30 horas, e en Pousada de 18.00 a 19.30 horas. Os martes haberá sesión en Bretoña 2 de 18.00 a 19.30 horas. Pola súa banda, os mércores as clases terán lugar en Bretoña de 16.00 a 17.30 horas, e en San Cosme de Piñeiro de 18.00 a 19.30 horas.

Todas as persoa interesadas en participar nesta proposta xa poden formalizar a súa inscrición dirixíndose directamente ás oficinas do Concello de Pastoriza.

0.16571092605591