Paula e Lucía Vilaboy representan a Galicia no Campionato de España M18 de rugby
As irmás pontesas Paula e Lucía Vilaboy Castro foron seleccionadas de novo para participar na selección galega feminina M18 que terá este domingo, 28 de xaneiro en Sevilla.
As dúas xogadoras do Fendetestas participaron a fin de semana pasada na Estrada no adestramento previo á competición que terá lugar este domingo, entre as 10.30 e as 12.30 horas no campo de rugby San Pablo.
As pontesas forman parte do combinado galego, que disputará a primeira sesión do Campionato de España de seleccións autonómicas de rugby feminino para menores de 18 anos contra a selección andaluza.
Por outra banda, hoxe, Vladi, Lalo e Peluche forman parte do combinado GaliciaEmerging da Federación Galega de Rugby para unha actividade conxunta coa Escola Naval Militar de Marín.