Paula e Lucía Vilaboy representan a Galicia no Campionato de España M18 de rugby

TerraChaXa
As irmás pontesas Paula e Lucía Vilaboy Castro foron seleccionadas de novo para participar na selección galega feminina M18.
lucia e paula vilaboy convocadas rugby seleccion portada
lucia e paula vilaboy convocadas rugby seleccion portada
28 Xan 2023

As irmás pontesas Paula e Lucía Vilaboy Castro foron seleccionadas de novo para participar na selección galega feminina M18 que terá este domingo, 28 de xaneiro en Sevilla.

As dúas xogadoras do Fendetestas participaron a fin de semana pasada na Estrada no adestramento previo á competición que terá lugar este domingo, entre as 10.30 e as 12.30 horas no campo de rugby San Pablo.

As pontesas forman parte do combinado galego, que disputará a primeira sesión do Campionato de España de seleccións autonómicas de rugby feminino para menores de 18 anos contra a selección andaluza.

Por outra banda, hoxe, Vladi, Lalo e Peluche forman parte do combinado GaliciaEmerging da Federación Galega de Rugby para unha actividade conxunta coa Escola Naval Militar de Marín.

lucia e paula vilaboy convocadas rugby seleccion
0.18485498428345