Pecha cunha visita guiada a oitava campaña de escavacións no Castro de Saa

TerraChaXa
O grupo de arqueólogos atopou nesta campaña o paramento interior dunha muralla defensiva e tamén puido acotar a extensión da entrada
castro-de-saa
Castro de Saa
5 Xul 2024

Remata unha nova escavación no Castro de Saa, situado na parroquia de Baltar, traballo que dirixe de novo o arqueólogo Emilio Ramil, para destapar nesta ocasión a zona do bastión dereito que está no acceso ao xacemento.

Os traballos desta oitava campaña contan cun orzamento de 17.605 euros a cargo da Consellería de Cultura para ocuparse dunha superficie de 70 metros cadrados ao outro lado do que se escavou na anterior quenda.

Nesta ocasión estiveron preto dun mes traballando no Castro de Saa para poder seguir completando os 750 metros que hai xa ao descuberto.

O grupo de arqueólogos atopou nesta campaña o paramento interior dunha muralla defensiva e tamén puido acotar a extensión da entrada ao castro e o bastión dereito.

Despois deste primeiro descubrimento atopouse unha segunda liña de muralla ou o que estima que pode ser tamén unha estrutura asociada a esa muralla.

Por outra banda, houbo outros achados entre as rochas, como unhas pezas cónicas que poderían indicar que se trata de partes dun xogo, pero aínda non teñen clara a súa utilizade, ademais de cerámica, sigillata ou líticos.

A novidade desta campaña foron as visitas guiadas que se realizaron para dar a coñecer a marcha dos traballos. Ademais, a escavación está aberta á visita. De feito, este sábado terá lugar unha visita guiada como conclusión dos traballos.

Será ás 12.00 horas na entrada do Castro e non precisa inscrición.

0.18927216529846