Pecha no CEIP Otero Pedrayo de Rábade o programa Vexo Veo Xacobeo

LugoXa | TerraChaXa
Nesta quinta edición participaron 20 centros educativos e case 1.000 alumnos de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia
vexo-veo-xacobeo-rabadwe
18 Jun 2026

O comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, participou esta mañá no CEIP Otero Pedrayo, situado no Camiño do Norte, no acto de peche da quinta edición do programa educativo Vexo Veo Xacobeo, unha iniciativa impulsada por Turismo de Galicia. Este ano, esta acción divulgativa contou coa participación de 20 centros educativos e 969 alumnos e alumnas de Educación Infantil e Primaria de toda Galicia.

Marcos Gómez Román destacou que este programa “é unha mostra do compromiso da Xunta por transmitir os valores xacobeos ás novas xeracións e achegarlles o coñecemento do patrimonio cultural e das rutas xacobeas desde as aulas”. Neste sentido, salientou que “iniciativas como Vexo Veo Xacobeo contribúen a que os máis novos coñezan e valoren o seu significado histórico, cultural e humano”.

O comisario do Xacobeo 2027 salientou ademais que o programa constitúe “un importante impulso de cara á preparación do Ano Santo Xacobeo 2027” e puxo en valor o papel da comunidade educativa na difusión do fenómeno xacobeo na medida en que “o éxito do Xacobeo tamén pasa por implicar ás novas xeracións e facer que sintan o Camiño como algo propio”.

Nesta edición, Vexo Veo Xacobeo incorporou como novidade a creación de pezas audiovisuais por parte dos centros participantes para documentar os seus proxectos vinculados ao Camiño de Santiago, promovendo a creatividade e a alfabetización dixital do alumnado. Ademais, mantivéronse actividades como a Xincana do Camiño, os contacontos Trobador e Burlón e as saídas a distintos tramos das rutas xacobeas, co obxectivo de ofrecer unha experiencia educativa, participativa e próxima aos valores que representa o Xacobeo.

0.10810995101929