Pecha o cine das Pontes durante o verán tras sete meses de éxito

TerraChaXa
Desde o pasado mes de novembro, ver cinema de estrea, sen saír de As Pontes, é posible grazas ó novo sistema de proxección cinematográfico da Casa Dopeso.
11 Xuño 2018

Desde o pasado mes de novembro, ver cinema de estrea, sen saír de As Pontes, é posible grazas ó novo sistema de proxección cinematográfico da Casa Dopeso.

O Concello de As Pontes instalou no edificio Dopeso un equipo DCP (Digital Cinema Package), só dispoñible en salas comerciais, que permitiu habilitar un novo espazo para proxeccións de cine, cun formato de exhibición dixital, que aporta grande calidade á proxección e que converte ó municipio en pioneiro neste tipo de oferta audiovisual.

Desde a Concellería de Cultura, Sonia Sueiro fai fincapé na importancia deste novo equipamento “fai seis meses as proxeccións só se podían realizar no Auditorio do Cine Alovi, un espazo cunha alta demanda de uso que, xunto co seu sistema analóxico de proxección en 35 milímetros e o salto cara ós sistemas dixitais, condicionaba a oferta cinematográfica municipal. Con este novo sistema de proxección podemos ofrecerlles a todos os veciños filmes de estrea a prezos económicos”.

Desde a súa posta en marcha exhibíronse 47 títulos diferentes, con máis de 150 pases, ós que acudiron máis de 8.500 ponteses. Entre os títulos que lograron atraer a máis espectadores destacan os filmes de animación e familiares con títulos como Ferdinand, Tadeo Jones e Coco; proxeccións ás que asistiron máis de 1.000 veciños.

No caso do cine dirixido ó público adulto, El cuaderno de Sara, La Forma del Agua ou Tres anuncios en las afueras foron algúns dos títulos que maior número de espectadores tiveron, con preto de 200 espectadores cada filme, superando Star Wars: Los últimos Jedi, os 690 espectadores nos cinco pases programados.

Desde o Concello de As Pontes, a responsable da área de Cultura subliña que se trata dunha das apostas culturais do goberno local que tivo maior acollida entre os veciños, especialmente entre a poboación infantil e a máis maior. “Todos os ponteses, puidemos gozar do cine máis actual sen necesidade de desprazarnos. Tendo acceso a unha carteleira actual e en formato dixital, que se entoxaba inasequible, e que nos permitiu achegar una oferta cultural audiovisual de calidade a todos os veciños, sen importar a idade”.

Tras sete meses de bos resultados, o cine de As Pontes permanecerá sen actividade cinematográfica durante o período estival, para retomar a súa a programación en outono,  coincidindo co inicio do curso escolar.

0.15702390670776