Hoxe, luns, remata o prazo de inscrición da VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022, que como cada Nadal servirá para dicir adeus ao ano o próximo día 31.">

Pecha o prazo para anotarse á San Silvestre Vilalbesa

TerraChaXa

Hoxe, luns, remata o prazo de inscrición da VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022, que como cada Nadal servirá para dicir adeus ao ano o próximo día 31.

carreira san silvestre vilalba
carreira san silvestre vilalba
26 dic 2022

Hoxe, luns, remata o prazo de inscrición da VII Carreira-Andaina San Silvestre Vilalbesa 2022, que como cada Nadal servirá para dicir adeus ao ano o próximo día 31. 

A proba dividirase de novo en seis categorías: pitufos (nados entre o 2017 ao 2019) cun percorrido de 150 metros; sub 7 (2015 a 2016) con 300 metros; sub 10 (2012 a 2014) que completarán 900 m; sub 13 (2009 a 2011) con 1.800 m; absoluta (2008 e anteriores) cunha distancia de 5.250 m; así como a andaina de 2,5 quilómetros.

A praza da Constitución de Vilalba será o punto de saída e de chegada das carreiras que comezarán ás 16:30 no caso dos máis cativos ata ás 17:30 horas, momento en que lle tocará a quenda ós participantes na proba absoluta e na andaina.

As inscricións son de balde para todas as probas e poderán formalizarse ata hoxe ás 20:00 horas na web: https://ccnorte.com/evento/detalle/id/2447

A diferenza doutras edicións, non se aceptan as inscricións por teléfono, correo electrónico ou de maneira presencial.

Coa finalidade de facer que o evento sexa o máis festivo posible para despedir o ano, tódolos participantes poden asistir disfrazados.