Pecha unha nova edición dos Xogos da Primavera de Guitiriz co IV Aberto Xogo da Ra

TerraChaXa
O CIT de Parga acolleu a competición, na que participaron 14 xogadores
xogos-de-primavera-xogo-da-ra
18 Jun 2026

Onte, mércores 17 de xuño, o Concello de Guitiriz celebrou a clausura dos Xogos da Primavera 2026 coa disputa do IV Aberto Xogo da Ra. A competición tivo lugar no CIT de Parga e reuniu a un total de 14 participantes nunha entretida tarde.

Esta actividade lúdica e interxeracional ten por obxectivo revalorizar os xogos de onte e promover a relación e a socialización entre maiores e nenos, sendo xa toda unha tradición no municipio guitiricense.

O gañador desta edición foi Fernando Mayer, cun total de 395 puntos. O podio completárono Daniel Armada, segundo con 285 puntos, e Dani Regueiro, terceiro con 185 puntos. Os tres primeiros clasificados recibiron un trofeo conmemorativo.

0.13676500320435