Peche temporal do parque infantil da Praza do Concello por renovacións

TerraChaXa
Se as condicións meteorolóxicas son favorables o espazo reabrirá ao público o sábado 1 de febreiro.
parque-infantil-praza-concello-vilalba
31 Jan 2025

O parque infantil situado nunha das marxes da Praza do Concello de Vilalba permanecerá pechado durante aproximadamente dous días debido aos traballos de renovación nos elementos de xogo.

Segundo informou o Concello, as actuacións teñen como obxectivo mellorar as instalacións para garantir a seguridade e o desfrute das nenas e nenos usuarios do parque.

Se as condicións meteorolóxicas son favorables e os traballos discorren segundo o previsto, o espazo reabrirá ao público o sábado 1 de febreiro.

Dende o Concello lémbrase que esta medida é temporal e pídeselles desculpas á veciñanza polas posibles molestias que poida ocasionar.

0.16757583618164