Penas de Rodas celebrará o día 18 a súa 43 Romaxe

TerraChaXa | LugoXa
A LXIII edición da Romaxe de Penas de Rodas terá lugar o día 18 de xuiño en Gaioso, Outeiro de Rei con moitas actividades.
romeria pena de rodas portada
4 Xuño 2023

A LXIII edición da Romaxe de Penas de Rodas terá lugar o domingo 18. Esta popular xuntaza ten lugar na localidade de Gaioso, en Outeiro de Rei, cunha programación variada con xogos infantís, música, baile e moitísimas sorpresas.

A programación dará comezo ás 11.00 horas coa celebración dun partido e fútbol mentres que sobre o mediodía abrirase a III Feira de Artesanía á que seguirá o pregón de Francisco Fernández Montes, Quico.

As actuacións musicais comezarán coa sesión vermú, que estará a cargo do trío Zafiro.

O acto central é o xantar campestre, que dará comezo ás 15.00 horas seguido da actuación de maxia de David Méndez López dentro da programación cultural da Vicepresidencia da Deputación, previsat para as 17.30 horas. Xa antes, haberá exhibición de tiros con arco a cargo da Escola Lucense.

Ás 18.30 haberá unha representación da Escola de Teatro de Penas de Rodas para pechar, ás 19.30 horas, a Feira de Artesanía.

Pero a celebración no remata aí, xa que ás 20.00 está previsto unha nova actuación do trío Zafiro.

Durante a xornada estarán á venda pan, empanadas, polbo e churrasco e haberá tamén servizo de bar.

romeria pena de rodas
0.12224078178406