Penas de Rodas prepara a súa Romaxe para o día 30 de xuño

LugoXa | TerraChaXa
Esta popular xuntaza ten lugar na localidade de Gaioso, en Outeiro de Rei, cunha programación variada
romaxe-penas-de-rodas
Cartel da romaxe
9 Jun 2024

A LXIV edición da Romaxe de Penas de Rodas terá lugar o domingo 30 de xuño. Esta popular xuntaza ten lugar na localidade de Gaioso, en Outeiro de Rei, cunha programación variada con xogos infantís, música, baile e moitísimas sorpresas.

A programación dará comezo ás 10.00 co I Aberto de Billarda, ao que seguirá, ás 11.00, un partido e fútbol, e sobre o mediodía abrirase a IV Feira de Produtos da Terra á que seguirá o pregón, que este ano estará a cargo de Manuel Curiel, director da Semana de Cine de Lugo.

As actuacións musicais comezarán coa sesión vermú, que estará a cargo dúo La hora bruja.

O acto central é o xantar campestre, que dará comezo ás 15.00 horas seguido do espectáculo A Maxia de Ian e Elisa, previsto para as 17.00 horas. Xa antes, haberá xogos populares para nenos e adultos.

Ás 18.00 haberá unha representación da Escola de Teatro de Penas de Rodas co título Esta si que che é desgracia, para pechar, ás 19.30 horas, a Feira de Produtos da Terra.

Durante a xornada estarán á venda pan, empanadas, polbo e churrasco e haberá tamén servizo de bar.

O sábado 29 (día anterior á Romaxe) farase unha proxección sobre unha das penas. Dura 45 minutos e é unha curta inédita dos anos 50 sobre Galicia.

romaxe-penas-de-rodas2
0.16527104377747