Pígara, en Guitiriz, está de festa desde o venres

TerraChaXa
O domingo volve o servizo relixioso ás 13.30 horas para pechar as festas coa sesión vermú de Begoña García
festas-en-pigara
20 Apr 2026

A localidade de Pígara, en Guitiriz, celebra esta fin de semana, entre o 24 e o 26 de abril, as súas festas patronais, na honra á Virxe dos Milagres.

As celebracións darán comezo o venres, a partir das 22.00 horas dunha listada e chourizada gratuíta, que se completará coa verbena a cargo de Nerea Cobas, á que seguirán as actuacións de Eventec e Cosmedeejay.

O sábado haberá ás 13.30 horas misa solemne seguida da procesión e a sesión vermú, que estará a cargo de Tania Veiras e Los Cumbia Pop.

Este mesmo grupo amenizará a verbena xunto ao Fania Blanco Show.

O domingo volve o servizo relixioso ás 13.30 horas para pechar as festas coa sesión vermú de Begoña García.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

0.12444186210632