Pígara xa ten todo preparado para o seu esperado festival

TerraChaXa
Celebrarase o vindeiro sábado 28 de novembro cunha programación que combinará gastronomía, actuacións musicais e actividades de lecer para todos os públicos
pigarafest
14 Nov 2026

O tradicional Pigara Fest, da localidade de Pígara, en Guitiriz, celebrarase o vindeiro sábado 28 de novembro cunha programación que combinará gastronomía, actuacións musicais e actividades de lecer para todos os públicos.

A programación comezará cunha sesión vermú amenizada polo grupo Acherizados, á que seguirá unha comida popular servida por Catering Taboada. O prezo será de 30 euros para os adultos e de 15 euros para os nenos e nenas de entre 6 e 10 anos, mentres que os menores de 6 anos poderán asistir de balde. As persoas interesadas en participar na comida deberán anotarse previamente a través dos teléfonos 634 721 265, 674 788 537 ou 671 209 281, correspondentes a Miguel, Verónica e Patricia, respectivamente.

Pola tarde, a música continuará cun baile a cargo de Acherizados e do Dúo Principal, formación na que participa Dani Digirey, gañador da Liga de Cantantes. A festa prolongarase ata a noite, cando os asistentes poderán gozar dunha liscada gratuíta servida por Bar Porto. A xornada rematará coa música de DJ Roquiño, de Sala G da TVG, e do Dúo Principal.

O recinto contará cunha carpa cuberta e climatizada para poder desfrutar das actuacións con independencia das condicións meteorolóxicas. Ademais, haberá unha zona infantil con inchable e touro mecánico, ambos con monitores e de balde, así como servizo de bar a cargo de Bar Porto e oferta gastronómica da Pizzería Nerea.

0.75801682472229