Podemos Lugo inicia a campaña do 29N cunha candidatura feminista e centrada na xustiza social

LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa
Ximena Cheda, cabeza de lista ao Congreso, e Fernando Otero, candidato ao Senado, participarán esta noite na tradicional pegada de carteis, acompañados pola militancia da formación.
candidatos-podemos-lugo
13 Nov 2026

Podemos Lugo deu esta noite o pistoletazo de saída á campaña electoral do 29 de novembro cunha pegada simbólica de carteis, coincidindo co comezo oficial da campaña ás 00.00 horas. No acto participaron Ximena Cheda, cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Lugo, e Fernando Otero, cabeza de lista ao Senado, que estarán acompañados pola militancia da formación.

A organización presenta estes días cunha candidatura que reivindica o feminismo, o antirracismo, a defensa dos dereitos LGTBIQA+, a paz e a xustiza social. Baixo o lema «Paz, casa e traballo», Podemos Lugo pretende levar ao debate público unha proposta política que, segundo sinala, sitúe as necesidades da cidadanía no centro e non deixe a ninguén atrás.

A formación defende que ningunha persoa debería ter que renunciar a unha vida digna e reivindica a paz, o dereito a unha vivenda fronte á especulación e o acceso a un traballo digno, con salarios xustos e garantías laborais. A estas demandas engade a defensa dos servizos públicos como ferramenta para asegurar que todas as persoas poidan vivir con autonomía e seguridade.

O proxecto político que presenta Podemos Lugo incorpora tamén a igualdade, a loita contra o racismo e a garantía dos dereitos das persoas LGTBIQA+ como principios fundamentais. A candidatura reivindica así unha proposta que vincula a xustiza social coa defensa dos dereitos e das condicións materiais necesarias para desenvolver unha vida digna.

A organización inicia a campaña desde o compromiso coa súa militancia e coa vontade de manter presenza, organización e voz nas institucións e no debate público. A formación subliña que a política debe servir para mellorar a vida da xente e conclúe cunha mensaxe de defensa dos dereitos conquistados: «Porque os dereitos non se negocian e porque ningunha conquista se conseguiu sen loitar».

0.14277601242065