Pódense pedir xa os permisos para as fogueiras de San Xoán de Xermade

TerraChaXa
Estas solicitudes deberán pedirse no Concello antes do día 17 de xuño, luns, en horario de 9 a 14.00 horas
fogata-hogueira-san-xoan-2
Fogueira de San Xoán
29 Maio 2024

O Concello de Xermade lembra que xa se poden pedir os permisos para as fogueiras ou cacharelas de San Xoán 2024.

Estas solicitudes deberán pedirse no Concello antes do día 17 de xuño, luns, en horario de 9 a 14.00 horas.

Para tramitar os permisos é necesario comunicar os datos da persoa responsable do mesmo, nome e apelidos do solicitante, así como o seu número de DNI, o enderezo de residencia e a localización na que se vai realizar a fogueira.

0.18337798118591