Pol lembrou un ano máis aos emigrantes cun emotivo acto e un xantar

Pol
LugoXa | TerraChaXa
Emocionadas palabras as do pregoeiro, que destacou a parte dura da emigración e o orgullo que se sinte coas súas raíces
festa-ao-emigrante-pol-2
26 Ago 2024

A carballeira de Mosteiro acolleu unha nova edición da Festa do Emigrante, un encontro co que o Concello de Pol homenaxea aos veciños e veciñas que marcharon un día na busca dun futuro mellor.

Centos de veciños, simpatizantes e emigrantes reuníronse baixo a carpa para esta celebración que é xa un referente na localidade e que ten como eixo o descubrimento dunha placa ao Emigrante, da man do pregoeiro desta edición, o mestre José Antonio Fernández López, da parroquia de Silva.

Emocionadas palabras as do pregoeiro, que destacou a parte dura da emigración e o orgullo que se sinte coas súas raíces.

Foi un novo éxito o xantar, no que estiveron veciños chegados desde diferentes puntos do territorio peninsular e que puideron gozar coa música de Son de Festa e Capitol, o primeiro en dobre sesión e o segundo só na verbena.

Un partido amistoso entre o equipo local e a Sarriana animou o ambiente pola tarde.

Tamén o grupo do BNG celebrou unha xuntanza con motivo da Festa ao Emigrante a carón da escultura que preside a Carballeira.

 

pregoeiro-pol
0.18247604370117