Pol organiza un curso de flor seca en la Caseta da Carballeira de Mosteiro

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O primeiro grupo terá as sesións o sábado 19 de setembro e o segundo o domingo 20
curso-flor-seca-pol
14 Sep 2026

O Concello de Pol, coa colaboración da Deputación de Lugo e da Reserva da Biosfera Terras do Miño, organiza un curso de flor seca que se desenvolverá os días 19 e 20 de setembro na Caseta da Carballeira de Mosteiro.

A actividade estará dividida en dous grupos. O primeiro terá as sesións o sábado 19 de setembro e o segundo o domingo 20, en ambos os casos en horario de 17.00 a 20.00 horas.

Terán preferencia para participar as persoas empadroadas no Concello de Pol. As inscricións poden realizarse no teléfono 982 345 029 ou nas oficinas municipais.

Anuncio

0.1475088596344