Pol renderá unha homenaxe en agosto a José Ramón Ónea

Pol
TerraChaXa | LugoXa
O Concello tributará unha homenaxe póstuma a José Ramón Ónega, fillo adoptivo da localidade e recentemente falecido a causa da covid.
lino jose ramon onega en pol
9 Feb 2021

O alcalde de Pol, Liño Rodríguez, confirmou que o Concello tributará unha homenaxe póstuma a José Ramón Ónega, fillo adoptivo da localidade e recentemente falecido en Madrid a causa da covid.

A homenaxe realizarase, en principio, no mes de agosto, dependendo de como evolucione a situación sanitaria ata esa data.

José Ramón Ónega, de 81 anos e fillo adoptivo de Pol, faleceu o domingo en Madrid vítima da covid, onde era o delegado da Casa de Galicia.

“Nin que dicir ten que José Ramón era unha persoa moi próxima ao Concello, nós tiñámoslle nunha alta estima e practicamente todos os veciños”, subliñou o rexedor. De feito, participou en numerosas iniciativas culturais e deportivas que se levaron a cabo no Concello e era un visitane habitual na vila, en especial nos veráns.

Jopé Ramón Ónega foi gobernador civil de Zamora e de Vizcaya e ocupou altos cargos do Ministerio do Interior.

0.20532083511353