Prado (en Friol) conmemora as festas do Corpus Christi esta fin de semana

LugoXa | TerraChaXa
As celebracións rematarán o domingo cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú que contará coa música de Nerea Cobas
fogos-artificiais-festas
2 Jun 2026

A localidade de Prado, no concello de Friol, celebrará as súas tradicionais festas na honra ao Corpus Christi esta fin de semana do 6 e 7 de xuño. O programa inclúe actos relixiosos e musicais para todos os públicos.

O sábado terá lugar a misa solemne ás 13:30 horas, seguida da procesión e da sesión vermú a cargo da orquestra Galaxia. Pola noite, os asistentes poderán gozar dunha gran verbena coa mesma orquestra e coa actuación do DJ Mun, que animará a xornada festiva.

As celebracións rematarán o domingo cunha nova misa solemne ás 13:30 horas, seguida dunha sesión vermú que contará coa música de Nerea Cobas.

A veciñanza e visitantes están convidados a participar nunha fin de semana de festa e tradición, coa colaboración de diferentes entidades locais.

0.12948894500732