Presencia da provincia nas fases previas dos campionatos de España de fútbol sala de base

LugoXa | TerraChaXa | AMariñaXa
As fases finais, con catro equipos clasificados por cada unha das categorías, xogaranse os días 15 e 16 de xuño
cartel-fase-previa-campionato-espana-futbol-sala
Cartel do campionato en Guitiriz
30 Maio 2024

O pavillón Jonatan Carro de Guitiriz será unha das sedes esta fin de semana do Campionato de España de Clubs de fútbol sala.

Concretamente acollerá a fase previa na categoría sub10 masculina, na que participarán o IES Coruxo, o Campoo de En Medio (Cantabria), o Spórting de Gijón e o Luther King de Canarias. Os catro xogarán unha liguiña da que sairá un só equipo que se clasificará  para a Fase Final.

Por outra banda, o CP Casás cadete participará na fase previa do campionato representando a Galicia na categoría sub16 masculina. Xogará esta fin de semana en Madrid contra Móstoles, Sala Jaraiz (Extremadura) e Tierno Galván (Castela), co obxectivo de obter o pase directo á final.

Tamén o Ribeira FS competirá pola primeira praza do seu grupo na categoría sub12 masculina xunto a Intersala, Tierras de Granadilla (Extremadura) e Sala 10 (Aragón). Serán na sede de Castela e León.

En Aragón xogará o Pescados Rubén Burela FS da categoría sub 19, gañadora da Liga feminina en Galicia. Disputará a fase previa xunto a Colo Colo (Aragón) e o campión de Andalucía. Tamén será esta fin de semana.

As fases finais, con catro equipos clasificados por cada unha das categorías, xogaranse os días 15 e 16 de xuño.

0.18511605262756