Comeza a VI edición da Invernada de Cine de Cabreiros

TerraChaXa
19 Oct 2018

Un ano máis está en marcha a Invernada de cine en Cabreiros. Unha actividade na que se busca compartir tardes de ocio entre veciños e todas aquelas persoas que se queiran achegar ata esat localidade xermadense para pasar unhas tardes entretidas e con contidos moi variados.

O 20 de outubro ás 17:30 será o  acto de inauguración, para despois comezar ás 18:00 cun documental de historias baseada na vida de Pedrón do Freixo. Dirixido por Angel Cordero, contarán coa posible presenza do protagonista.

O 3 de novembro ás 18:00 haberá O apalpador, un contacontos da man de Anxo Moure. Dende as montañas dos Ancares e O Courel, baixo o vello carboeiro, o chamado Apalpador, que traía castañas ás nenas e nenos que tiñan fame por aqueles tempos de inverno. Agora, cando abrimos as castañas, libéranse contos que alimentan o coñecemnto da riqueza dos nosos bosques, regatos e fervenzas.

O 17 de novembro ás 18:00 poderase ver Unha escola en branco e negro. Unha obra de teatro da man do grupo Accidental Carballo Vivo, dirixida por José María Carricoba, achéganos as aulas dos anos cincuenta e sesenta nas case esmorecidas escolas

O 1 de decembro poderase ver a película Dhogs de Andrés Goteira.

O 15 de decembro pasarán unha tarde entretida coñecendo da man dos seus directores catro das mellores curtas do audiovisual galego: Eistein Rosen de Olga Osorio, Matria de Álvaro Gago, A cat in the window de Félix Brixel e A muller invisible de Noemi Chantada Puime.

En cada xornada haberá quenda de preguntas e debate posterior.

0.16920804977417