Presentadas as obras gañadoras do terceiro certame Torre de Caldaloba

TerraChaXa
No Museo das Aves de Cospeito, levouse a cabo a presentación das obras gañadoras da III Edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba.
presentacion obras torre de caldaloba
presentacion obras torre de caldaloba
20 Dec 2021

No Museo das Aves do Concello de Cospeito levouse a cabo a presentación das obras gañadoras da III Edición do Certame de Poesía Torre de Caldaloba, que contou coa asistencia dos galardoados e outros relatores.

Patricia Torrado Queiruga e Abraham Pérez foron a primeira e segundo clasificados respectivamente, na convocatoria do ano 2020, dun certame promovido polo Concello de Cospeito, a Asociación Cultural e Recreativa San Martiño de Piñeiro e Culturalia GZ.

No acto, os galardoados tamén leron os seus poemas e estiveron presentes ademais o alcalde de Cospeito, Armando Castosa; a presidenta da asociación de Piñeiro, Inés Lozano, e Martiño Maseda, de Culturalia GZ.

Castosa uniuse tamén a esa alegación a favor da palabra escrita e manifestou que as institucións públicas "deben redobrar esforzos" para poñer en valor a palabra, sobre todo na actualidade. Destacou tamén que o Certame de Poesía Torre de Caldaloba serve para poñer en valor o patrimonio e a historia local e subliñou "que mellor escaparate que poñer un concello no mapa que un libro".

0.18414998054504