Presentado o estudo sobre o impacto da enerxía eólica en Muras

TerraChaXa
O Concello de Muras acolleu onte a presentación do estudo encargado á Universidade de Vigo sobre o impacto que teñen os parques eolicos.
presentacion libro eolicos muras
15 Xan 2022

O Concello de Muras acolleu onte a presentación do estudo encargado á Universidade de Vigo sobre o impacto que teñen os parques eolicos no municipio chairego, que é o que máis aeroxeradores ten en Galicia.

O estudo leva por título Enerxía Eólica en Muras: análise do seu impacto territorial, económica, ambiental e enerxético e foi realizado polos investigadores Xabier Simón e María Montero, sendo o primeiro o director do observatorio eólico de Galicia. No acto estivo acompañado polo alcalde, Manuel Requeijo, e polos concelleiros, Belén Chao e Mario Rouco.

Na presentación, o investigador principal explicou a media de ocupación galega está arredor do 0,14 MW por quilómetro cadrado, mentres que en Muras este dato redúcese ata os 1,6 MW. En total, hai 380 muíños repartidos en 19 parques eólicos que poden chegar a factura algún ano arredor do 70 millóns de euros e poden cubrir o consumo dos fogares de toda a provincia.

Curuxeiras é o parque máis grande, con aeroxeradores de 1,6 MW, instalados en 2005, pero segundo os datos ofrecidos no libro, teñen unha maior eficiencia malia os aeroxeradores máis pequenos, en relación cos de agora, que son catro veces máis altos que os de Muras. "A pesar da obsolescencia tecnolóxica, o número de horas que se producen é maior", dixo Simón.

A principal conclusión que fai o estudo é que esta sobrecarga de aeroxeradores non repercute nunha mellor calidade de vida para os mureses nin nunha mellora económica para os veciños.

"Muras e a terra Chá foron os motores da enerxía eólica en Galicia pero desgraciadamente esta nova renda non permitiu correxir os problemas estruturais tanto da Terra Chá como Muras, en poboación, renda, emprego, non atopamos indicadores que nos permitan afirmar que houbo unha relación positiva entre investimentos eólicos, produción de enerxía renovable e cambio nas condicións de vida dos veciños", dixo Xabier Simón.

Estas baixas repercusións estiveron xeradas pola media que percibiron os mureses polo alugueiro dos seus terreos para a colocación dos muíños, moi inferior ao resto de Galicia, situadas por debaixo do 1,5% cando noutras zonas é do 3%.

Por outra banda, o estudo recolle tamén que dende o ano 2010 a Xunta recadou nos parques eólicos de Muras 2,2 millóns de euros, dos cales o Concello só percibiu unha cuarta parte, 500.000 euros ao ano.

O Concello repartira exemplares do estudo a cada familia "co obxectivo de que teñan ferramentas á hora de enfrontarse ás grandes compañías enerxéticas", di Requeijo. "O libro suporá un antes e un despois do que é a enerxía eólica en Galicia e nos vai dar ferramentas de por onde vai ir o futuro, como enfrontarse ás compañías enerxéticas, etc".

 

0.20186400413513