Presentan a publicación da obra gañadora do 50 Premio de Poesía de Vilalba

Este sábado, 10 de maio, celebrarase na Casa da Cultura de Vilalba a presentación do libro Meridiano Orixe, obra gañadora do 50 Premio de Poesía do Concello de Vilalba. O acto terá lugar ás 12:00 horas e contará coa participación da autora, Andrea F. Maneiro.
A obra, publicada pola editorial Alvarellos, foi seleccionada como a mellor proposta poética nesta 50 edición do certame, organizado pola Concellaría de Cultura de Vilalba, co obxectivo de fomentar a creación literaria en lingua galega e apoiar novos talentos no eido da poesía.
Desde o Concello de Vilalba convidan a toda a veciñanza a asistir ao acto e a compartir este encontro coa autora e a súa obra, que combina imaxes, palabras e emocións dende unha ollada íntima e contemporánea.