Presentan en Guitiriz o II Encontro Galego de Agricultura Ecolóxica

TerraChaXa
A Xunta, a través de AGACAL, impulsa a celebración deste encontro, que terá lugar o vindeiro 17 de outubro en Parga
presentacion-proecogal-parga
14 Oct 2026

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (AGACAL), Martín Alemparte, asistiu hoxe á presentación do II Encontro Ecolóxico Galego, organizado por PROECOGAL, que se celebrará o vindeiro 17 de outubro no Campo da Feira de Parga, en Guitiriz. A Consellería do Medio Rural, a través de AGACAL, presta un apoio decisivo á celebración deste encontro, reafirmando así o seu compromiso coa agricultura ecolóxica galega e con iniciativas que permiten dar visibilidade aos produtores, achegar os seus produtos aos consumidores e favorecer novas oportunidades de comercialización e xeración de valor no rural.

O evento contará cunha programación que inclúe postos de venda de produtos ecolóxicos, obradoiros, actividades divulgativas, demostracións gastronómicas e actuacións musicais, ademais de sorteos e agasallos ao longo da xornada.

Deste xeito, desde Medio Rural destácase a importancia da agricultura ecolóxica como parte da estratexia de promoción da calidade diferenciada de Galicia, xunto coas denominacións de orixe, as indicacións xeográficas protexidas e a artesanía alimentaria. Todas estas producións comparten unha identidade promocional común baixo a marca Aquí Sabemos, coa que a Xunta busca reforzar o recoñecemento e a valorización dos Alimentos de Calidade Diferenciada de Galicia.

programa-agricultura-ecoloxica
0.15540599822998