Presentan en Lugo a obra teatralizada 'Un corvo en Caldaloba'

TerraChaXa | LugoXa
María Xosé Lamas presenta o este xoves, 15 de setembro no Salón de actos da Deputación, o libro Un corvo en Caldaloba, unha obra teatral.
presentacion un corvo en caldaloba
presentacion un corvo en caldaloba
13 sep 2022

María Xosé Lamas presenta o este xoves, 15 de setembro, ás 20:00, no Salón de actos da Deputación Provincial de Lugo, o libro Un corvo en Caldaloba, unha obra teatral.

No acto participarán tamén Antón de Guizán (prologuista), Sófia Naseiro (autora da capa e das ilustracións), Ana Mar Fraga (presidenta da Asociación Cultural Caldaloba, organizadora do evento) e os poetas Xosé Otero Canto, Pilar Maseda (NPG), Luz Airado (NPG), José Carlos Ulloa e Toño Núñez.

Un Corvo en Caldaloba é unha peza teatral pensada polivalente que se adapta a contidos didácticos, para leitura teatralizada, para representar tanto por grupos de teatro amador como profesionais e que conta con unhas ilustracións inspiradas nas vestimentas da época para cada personaxe. Promovida dende a NPG Nova Poesía Guitirica, está editada por Medulia Editorial co apoio da plataforma para a restauración da Torre de Caldaloba, o Instituto de Estudos Chairegos Iescha e o Concello de Vilalba.

A traxectoria teatral de María Xosé Lamas é longa tanto como actriz como directora de diversos grupos de Lugo e Vilalba. Autora de numerosas obras, algunhas delas xa representadas, Ten sin embargo En Un Corvo en Caldaloba a súa primeira obra teatral publicada, aínda que son numerosos os seus libros de poesía e narrativa.

0.20305609703064