Presentan en Muimenta dous libros e unha exposición con temática feminista
TerraChaXa
Este venres, 11 de novembro, Muimenta acollerá a presentación de dous libros e unha exposición vinculados ao tema da muller.
9 Nov 2022
Este venres, 11 de novembro, Muimenta acollerá a presentación de dous libros e unha exposición vinculados ao tema da muller.
A sesión terá lugar ás 20.30 horas na Igrexa Vella de Muimenta e contará coa presentación dos libros Non penses nun elefante rosa, coa autora Antía Yáñez e Receitas de vida. Economía Feminista, da Asociación de Estudos Laborais Feministas - Aselafem.
Ademais, este último colectivo presentará a súa mostra, que como os libros, trata temas moi interesantes sobre saúde mental, economía feminista, experiencias de vida, relacións.....
Trátase dunha nova actividade organizada pola Asociación Cultural Aquilino Iglesia Alvariño.