Presentan este mércores un libro ambientado en Begonte

TerraChaXa
Como premisa, liberdade ao Carranchelo é o título da obra de Xosé Antonio Cabarcos
presentacion-libro-xose-antonio-cabarcos-begonte
Cartel
11 jun 2024

Este mércores día 12de xuño, ás 18.00 horas na casa da cultura de Begonte presentarase o libro Como premisa, liberdade ao Carranchelo, do autor veciño de Begonte, Xosé Antonio Cabarcos Díaz, fillo de Josefa e Antonio da Casa de Ermitas.

Neste libro, Xosé Antonio relata historias e vivencias do pasado e de Begonte.

O acto é aberto e están todos convidados.