Presentan nun café coloquio en Outeiro de Rei o programa Digalicia

LugoXa | TerraChaXa
A xornada terá lugar este mércores en horario de 9:00 a 10:30 horas no Hotel Casas da Fortaleza
trabajo_internet_ordenador_recurso
24 sep 2024

A empresa Estudios Rafer SL organiza, en colaboración co Concello de Outeiro de Rei, un café-coloquio co obxectivo de presentar o Programa Digalicia dirixido a directivos de empresas con 10 ou máis empregados, un programa moi relacionado co presente e futuro das pemes; na xornada falarase de transformación dixital das empresas, mercado laboral e ciberseguridade.

A xornada terá lugar este mércores, en horario de 9:00 a 10:30 horas no Hotel Casas da Fortaleza de Outeiro de Rei; a participación é gratuíta.

0.17704200744629