Presentan unha nova convocatoria para impulsar proxectos no Parque Natural das Fragas do Eume

TerraChaXa
As iniciativas seleccionadas recibirán acompañamento técnico, apoio á comunicación e difusión e apoio económico para facilitar a súa posta en marcha
fragas-do-eume-encoro-da-ribeira
24 Jul 2026

Este mes de setembro, a Fundación RIA abrirá unha convocatoria destinada a apoiar iniciativas que contribúan á conservación, á xestión sustentable e ao desenvolvemento local das Fragas do Eume e da súa contorna.

A convocatoria estará dirixida a persoas, empresas, cooperativas, asociacións, fundacións, comunidades de montes, centros educativos, universidades, administracións públicas e outras entidades vinculadas aos cinco concellos do parque: Cabanas, A Capela, Monfero, Pontedeume e As Pontes.

As iniciativas seleccionadas recibirán acompañamento técnico, apoio á comunicación e difusión e apoio económico para facilitar a súa posta en marcha.

Esta iniciativa forma parte do proceso de planificación estratéxica que a Fundación RIA desenvolve co apoio da Fundación MOP para avanzar cara a un modelo de conservación activa e desenvolvemento sostible das Fragas do Eume, promovendo proxectos con impacto real e duradeiro no territorio.

Todos os detalles sobre as bases e o calendario de presentación de propostas daranse a coñecer no lanzamento oficial da convocatoria durante o mes de setembro.

0.13509798049927