Presentarán este domingo en Vilalba a próxima Feira do Capón, que será o día 21
TerraChaXa
O Concello de Vilalba e a Asociación de Criadores presentan este domingo día 27, ás 12.15 horas, a Feira do Capón 2022 no Parador.
![distintivo capon de vilalba](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/2021/12/distintivo-capon-de-vilalba.jpg)
distintivo capon de vilalba
22 Nov 2022
O Concello de Vilalba e a Asociación de Criadores presentan este domingo día 27, ás 12.15 horas, a Feira do Capón 2022 no Parador da vila.
A tradicional Feira do Capón de Vilalba regresou o ano pasado tralo parón obrigado de 2020 pola pandemia, pero será o próximo mércores 21 de decembro cando se celebre xa sen ningún tipo de restrición.
No acto de presentación da Feira darase a coñecer o programa de actos deste día e proxectarase un breve documental gravado pola TIC (Fundación para o Desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e a Comunicación da Deputación de Lugo).
![Feira_do_capon vilalba 1](https://terrachaxa.com/wp-content/uploads/thumbs/2021/12/Feira_do_capon-vilalba-1-200x104.jpg)