Presentarase en Viveiro un cartel coa historia do Globo Marruán no lugar onde era lanzado o día das festas de San Roque

TerraChaXa | AMariñaXa
2 Maio 2019

O vindeiro venres ás 12:30h farase a colga do cartel coa historia do Globo de Marruán. Será baixo o cruceiro de Santa María, sitio dende onde era lanzado o Globo o día das festas de San Roque.

Ao acto asistirán por parte do Concello, a alcaldesa María Loureiro, a concelleira de educación Maria Carmen Franco e a concelleira de cultura Lara Fernández. Dende o Concello apostouse dende o primeiro momento por esta iniciativa, onde se funden varios aspectos identitarios e innovadores. A motivo do Día das Letras Galegas adicado a Antón Fraguas Fraguas, faise esta colga co recollido polo autor no seu libro de Romarías e Santuarios, onde adicou un capítulo a Viveiro baixo o nome de Santa María e San Roque de Viveiro, e contou a historia do afamado globo, feito e lanzado polo barbeiro viveirense Marruán.
O feito innovador do proxecto ven de cómo trasladar á poboación local unha historia por moitos esquecida, da mán dos máis novos nos centros educativos buscando a súa implicación para facer entre todos un gran globo que voe en vindeiros anos, á vez que se fai concienciación medioambiental, xa que o globo preténdese facer con lixo plástico, un grande reto mundial que temos como humanidade.

Tamén asistirán ao encontro, os autores do proxecto, Alba Guijarro de Eureka Actividades e Lucas Requejo da Asociación Pratodo.

0.12457799911499