Preséntase en Vilalba un libro homenaxe ás mulleres das Irmandades da Fala

TerraChaXa
Este sábado presentarase en Vilalba, ás 12.00 horas na Casa da Cultura, o libro Irmá. Oito diálogos contra a desmemoria.
irmans libro presentacion vilalba portada
irmans libro presentacion vilalba portada
2 Mar 2023

Este sábado, 4 de marzo, presentarase en Vilalba, ás 12.00 horas, na casa da cultura, o libro Irmán. Oito diálogos contra a desmemoria. Nesta obra, editada por Alvarellos Editora, coa axuda económica do Concello de Vilalba, oito autoras actuais renden homenaxe ás mulleres silenciadas das Irmandades da Fala (1916-1936).

As autoras participantes son: Eilún Del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia Fernández Santomé, Míriam Ferradáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao Reixa e Tamara Andrés.

As Irmás reinvidicadas son: Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza.

Esta obra nace a partir do Proxecto Irmás, impulsado por Culturalia GZ e coordinado por Beatriz Dourado. A capa é obra de Adolfina Mesa.

irmans libro presentacion vilalba
0.18351793289185