Presentouse REGAPS na primeira Reunión Rede Saúde Local do Concello de Outeiro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O Concello de Outeiro de Rei presentou a proposta de levar a cabo unha axenda saudable, co fin de mellorar necesidades saudables
Reunión-Rede-Saúde-Local-Outeiro-de-Rei
15 Nov 2024

O Salón de plenos de Outeiro de Rei acolleu a 1ª Reunión Rede Saúde Local, que foi presidida por Begoña Seco Varela, xefa territorial de Sanidade; José Pardo Lombao, alcalde de Outeiro de Rei; Alicia Rama García e Cristina Varela Pernas, responsables de Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte da Rede Galega de Promoción de Saúde (REGAPS).

Ademais, estiveron presentes Eva Fernández López, enfermeira pediátrica; Antía Pérez Vázquez, dietista e nutricionista; María Barreiro Domínguez, técnica de prevención de conductas adictivas e traballadores do Concello de Outeiro de Rei.

Neste encontro, levouse a cabo a presentación da REGAPS, que é unha organización dependente da Subdirección Xeral de Programas de Fomento de Estilos de Vida Saudables, que se crea a raíz do Plan Obesidade Zero en Galicia 2022-2030, co fin de potenciar todas aquelas estratexias locais que melloren a saúde da poboación.

O Concello de Outeiro de Rei presentou a proposta de levar a cabo unha axenda saudable, co fin de mellorar necesidades saudables.

Tras o desenvolvemento e explicación de propostas, o Concello de Outeiro de Rei chegou a un acordo coa REGAPS de levar a cabo un taller con nutricionista para fomentar unha alimentación saudable.

Decidiuse tamén en consenso a elaboración de un almorzo saudable unha vez ao mes para todos os nenos do Concello que pasen polo este programa. Agora, van coordinar día e horario para este desayuno e informarase no colexio de Outeiro de Rei.

Para concluír o acto, fixouse a data da próxima reunión, que terá lugar o luns 13 de xaneiro do 2025 no salón de plenos de Outeiro de Rei.

0.16671705245972