Preto de 250 deportistas participan este domingo en Begonte na IX Carreira Popular 7K

O Concello de Begonte acolle este domingo 28 de xuño a IX Carreira Popular Begonte 7K, unha cita xa consolidada no calendario deportivo da comarca. O evento contará con diferentes categorías, incluíndo a carreira absoluta, andaina e probas para menores, adaptadas a distintas idades e distancias. En total serán cerca de 250 deportistas los que participarán en el evento.
A proba estrela será a carreira absoluta de 7 quilómetros, que dará comezo ás 11:00 horas e contará con categorías sénior e veteranos/as. Tamén haberá unha andaina aberta a todas as idades, que arrancará ás 10:00 horas, así como carreiras menores con distancias adaptadas segundo o ano de nacemento dos participantes.
Os tres primeiros clasificados na categoría absoluta masculina e feminina recibirán medallas e agasallos, mentres que os mellores equipos e atletas doutras categorías tamén serán premiados. Ao remate da entrega de premios, haberá aperitivos para todos os participantes. Begonte converterase nun punto de encontro para deportistas e afeccionados ao running, nunha xornada marcada pola competitividade e o ambiente festivo.
Para completar o programa da xornada, ás 19.00 horas terá lugar no Club Fluvial de Begonte un espectáculo e monólogos de Marita Martínez, Contadiña, unha actuación en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais.