Primavera

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | SarriaXa | LugoXa | AMariñaXa
A psicoloxía da man de Noelia Yáñez que nos leva á interiorización do ser humano, os seus sentimentos e todo o que o rodea.
Noelia castro
12 Nov 2021

Por Noelia Castro Yáñez

Relata Juan Tallón en “Mientras haya bares” un episodio que transcorre nunha redacción dun xornal. Un veterano explica que non é posible facer periodismo do bo, serio e entretido se careces dunha mala máquina de café. Se a máquina é boa, esquécete de facer periodismo e faite camareiro. Vaiche a ir mellor. Se algo está bo, relámbeste e se te relambes, compráceste e a compracencia é a fin de todo. No libro só di que a compracencia é a fin da túa carreira, pero eu engado a maiores, é a fin de todo. Por eso é tan importante escoller a quen te vai a ler, e sobre todo, a quen te vai a acompañar a tomar cafés malos de máquina. É reconfortante oír cando te gaban, pero máis importante debera ser escoitar cando se verte en ti o foco da crítica constructiva. Aí residen os dous tipos de persoas que existen: aos que non ofendes cando explicas desde o cariño como poden ser mellores nalgo e os outros, os que me caen mal.  Probablemente ese sexa o motivo polo que nunca vou a ser unha boa escritora, digo mellor, probablemente esa sexa a razón pola que endexamáis vou a ser escritora, porque acostumo a tomar bos cafés. Sibarita da semente torrada, que teño por pracer confesable tomalo cando volvo de traballar morno e ás tantas. Agora ás veces sonlle desleal á barra de Midas e arrequéceme tanto ou máis tomalo en vaso de plástico na Marosa, só cando está á temperatura perfecta. Malia que o meu amigo D. me preguntase esta semana que cando vou a publicar, a miña resposta foi, café en man, cando non sexa mediocre. Xacobe Pato sostén que a persoa que escribe é un ser presuntuoso que non sabe sobre miles de cousas e ten a desgraza de que eso lle preocupa, comeza entón o proceso de facerse preguntas para as que non ten resposta, ou que tal vez, non deban responderse. Eu coido que esa sería a definición perfecta de lector, que se lle engades estar un pouco chalado, pasa a ser a de escritor. 

De non ser porque o meu momento feliz de hoxe foi tomar café no Primavera en moi boa compañía, non entendería á xente á que lle gusta o outono e o cambio de hora. Ambas, con premeditación, é coma dicir que che gusta o que pode chegar a ser pero non é. Ben seguro que non sería momento feliz se a taberna se chamase Outono. Nada florece na caída da folla. Sempre me quedará o consolo de ir tachando domingos ata outro verán e a promesa máis bonita que escoitei, terei que buscar a próxima taberna. Os luns son os meus favoritos, pero non os que teñen sabor a domingo coma hoxe. 

Nos exames, coma na vida, a chorra acompaña aos folgazáns. Estou plenamente convencida disto, por eso me gustou tanto unha frase que lle escoitei dicir a unha nai minutos antes de marchar a filla para un exame: traballa coma se todo dependese de ti e reza coma se todo dependese de Deus. 

0.13812208175659