Prohiben a presenza de aves nos mercados pola gripe aviar

TerraChaXa
Debido aos últimos gromos detectados de gripe aviar, as feiras galegas volven recibir a prohibición de celebrar os mercados de aves.
feira de parga6
30 Out 2022

Debido aos últimos gromos detectados de gripe aviar, as feiras galegas volven recibir a prohibición de celebrar os mercados de aves.

Estes xa recibiran varias limitacións nos últimos meses pero agora quedan prohibidos de forma total ata que baixe a alerta pola alta concentración de casos.

Foron os servizos veterinarios da Xunta os que fixeron públicos estes avisos e unha das primeiras afectadas é a feira de Parga, que se celebra hoxe, e que conta dende sempre cunha importante presencia destes animais.

Esta medida non é moi ben aceptada polo colectivo produtor, que trala supresión das feiras na súa totalidade durante a pandemia, vén de sumar unha nova prohibición total tralas restricións dos últimos meses.

Polo de pronto a prohibición non ten data límite e se manterá mentres os casos continúen activos.

0.10164308547974