Promocionan en Madrid a Feira do Queixo de Friol e do pan de Ousá

TerraChaXa | LugoXa
O Concello de Friol quixo facer promoción en Madrid da súa maior festa, a Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá.
FEIRA DO QUEIXO FRIOL PAN DE OUSA MADRID2
16 Mar 2023

O Concello de Friol, a través do seu alcalde, quixo facer promoción en Madrid da súa maior festa, a Feira do Queixo de Friol e do Pan de Ousá, que este ano celebra a súa vixésimo novena edición, a primeira como Festa de Interese Turístico Galego.

O director da Casa de Galicia en Madrid, Juan Serrano, acolleu a presentación de esta Feira, coa que se quere espertar o interese por este pobo lucense. O interese polo seu queixo tradicional e o seu pan artesán, as súas paisaxes naturais situadas no corazón verde de Galicia, e sobre todo, a hospitalidade da súa xente.

O alcalde resaltou en Madrid que “en nombre de todos los vecinos y vecinas de Friol, quiero abrirles las puertas de nuestro pueblo para que nos visiten, no solo en la feria del próximo domingo 26 de marzo, si no en cualquier momento del año. Estoy seguro de que la experiencia no les defraudará”.

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá é una cita anual que distingue a Friol como un lugar de referencia gastronómica en toda Galicia. Dous produtos que celebran con moito orgullo en este municipio de Friol, e que son as súas principais sinais de identidade como friolenses.

Esta festa tradicional representa o maior escaparate turístico para Friol, e potencia a actividade económica tanto local como na provincia de Lugo, sobre todo do sector primario e dos nosos produtos agroalimentarios.

Para celebrar esta nova edición, dende o Concello de Friol prepararon, unha vez mais, un ambicioso programa de actividades, para que tanto veciños como visitantes desfruten do queixo e do pan, da gastronomía, e da música.

Este ano, como novidade, queren involucrar aos mais novos do pobo, organizando para eles un obradoiro de elaboración de queixos, que se levará a cabo no recinto feiral, a partir das doce do mediodía, para os nenos e nenas do colexio público de Friol que fixeron a súa inscrición no mesmo. Este taller será impartido por unha das queixeiras mais novas do concello, que aprendeu o oficio da súa avoa e da súa nai.

O alcalde, Jose A. Santos, quere con esta visita á Casa de Galicia de Madrid, que o pobo de Friol teña unha maior visibilidade en todo o país e tamén fora del. E que a edición de este ano consiga bater récords de asistencia de público.

FEIRA DO QUEIXO FRIOL PAN DE OUSA MADRID
0.15461897850037