Propoñen crear un plan de capacitación para a reinserción do persoal de Einsa Print

TerraChaXa
O alcalde das Pontes, Valentín González Formoso, xunto coa concelleira de Industria, Ana Pena, participou esta mañá, en Santiago de Compostela, na reunión solicitada, de forma unánime, polo comité de Einsa Print, as entidades sindicais e os concellos das Pontes e Pontedeume, na que tamén estiveron presentes representantes da Consellería de Economía, Industria e Innovación, a Consellería de Emprego e Igualdade e o Ministerio de Industria e Comercio.
28 Nov 2023

No transcurso deste encontro, e despois de expoñer a situación actual da empresa e o estado das negociacións, ofreceuse a posibilidade de articular un plan social composto por cursos formativos orientados á recapacitación do cadro de traballadores e traballadoras a outros sectores produtivos.

Buscando a maior efectividade desde proxecto, comprometeuse a organización e o deseño do plan nun ente xestor do que participarán a Consellería de Emprego e a patronal, así como as distintas centrais sindicais, co obxectivo de procurar accións formativas específicas, orientadas ás demandas, opcións e posibilidades de emprego ás que poidan optar nos distintos sectores industriais da zona.

A esta proposta sumouse ao ofrecemento, tanto do Ministerio de Industria como dos Concellos das Pontes e Pontedeume para colaborar na posta en marcha do plan social de formación, desde o marco dos seus respectivos ámbitos de competencias en materia de industria, emprego e formación.

O comité de empresa de Einsa Print tamén trasladou a necesidade de que a dirección da empresa paralice os prazos de negociación do ERE, que rematan o xoves, 30 de novembro, mentres non se dispón dunha proposta firme do plan social presentado, para o cal distintos membros do comité e técnicos da área de Emprego se reunirán no mesmo día 30.

Será a Consellería de Emprego a encargada de trasladar a solicitude de paralización do prazo de negociación do ERE en nome dos presentes a dirección de Einsa Print, que esta mesma tarde continua coas reunións previstas cos representantes dos traballadores.

0.20022201538086